OPERACIÓN REACT 20.1.2.2 – Desenvolvemento, xestión e mantemento de infraestruturas públicas no marco da extensión de redes de telefonía móbil en zonas rurais e illadas - 205-2023000001
Xestionado por: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Cofinanciamento: esta operación está financiada ao 100% a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) como parte da resposta da Unión á pandemia de COVID-19, no marco do Eixo REACT EU.
Obxectivo temático: 13. Promover a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación ecolóxica, dixital e resiliente da economía.
Obxectivo específico: OE 20.1.2 – OE REACT EU 2. Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara á economía dixital.
Obxectivos previstos: O obxectivo desta operación é contribuír ao desenvolvemento de sistemas especializados vinculados ao seguimento da evolución do uso e ocupación do solo, aos servizos territorializados no rural e á política agrogandeira, ao transporte, ás actividades económicas, ao turismo, e a prestación de servizos públicos en xeral. Esta operación pretende avanzar cara a unha xestión intelixente do territorio mediante o despregamento de infraestruturas (pasivas e activas) que faciliten a conectividade no solo con especial incidencia no rural, garantindo melloras de cobertura que favorezan o desenvolvemento destas iniciativas, permitindo mellorar as capacidades de conexión e recollida de datos.