OPERACIÓN REACT 20.1.2.2 – Desenvolvemento dunha rede de acceso IoT para a autoprestación de servizos na Comunidade Autónoma de Galicia - 205-2023000002

OPERACIÓN REACT 20.1.2.2 – Desenvolvemento dunha rede de acceso IoT para a autoprestación de servizos na Comunidade Autónoma de Galicia - 205-2023000002

Xestionado por: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Cofinanciamento: esta operación está financiada ao 100% a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) como parte da resposta da Unión á pandemia de COVID-19, no marco do Eixo REACT UE.

Obxectivo temático: 13. Promover a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación ecolóxica, dixital e resiliente da economía.

Obxectivo específico : OE 20.1.2 – OE REACT UE 2. Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a economía dixital.

Obxectivos previstos : Con esta operación preténdese avanzar cara a unha xestión intelixente do territorio baseada en datos xeorreferenciados e mecanismos de sensorización e captura de información en tempo real. As actuacións consisten no despregamento de infraestruturas (pasivas e activas) que faciliten a sensorización do territorio e que contribúan ao desenvolvemento de sistemas especializados vinculados ao seguimento da evolución do uso do solo e ocupación do territorio, aos servizos territorializados no ámbito do rural e a política agro-gandeira, do transporte, das actividades económicas, do turismo e da prestación de servizos públicos en xeral.