OPERACIÓN FEDER. Tipo de Acción 1.2.09 – Suministración de equipamento tecnolóxico para a inclusión e capacitación dixital
Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada pola Unión Europea nun 60% con cargo ao Programa de Galicia FEDER 2021-2027.
Obxectivo político: OP1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións
Obxectivo específico: RSO1.2. Aproveitar as vantaxes que ofrece a dixitalización aos cidadáns, as empresas, as organizacións de investigación e as administracións públicas
Obxectivos previstos: Facilitar que a cidadanía galega adquira as competencias dixitais necesarias para desenvolverse plenamente e con confianza na sociedade dixital e facer fronte aos futuros retos que expón a transformación dixital da rexión; así como fomentar a igualdade dixital e reducir a fenda de acceso aos servizos dixitais promovendo unha rede de puntos físicos de acceso e uso libre do equipamento tecnolóxico e a conectividade.