OPERACIÓN FEDER. Tipo de Acción 1.2.08 – Plataforma Ambiental GaIA

OPERACIÓN FEDER. Tipo de Acción 1.2.08 – Plataforma Ambiental GaIA

Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada pola Unión Europea nun 60% con cargo ao Programa de Galicia FEDER 2021-2027.

Obxectivo político: OP1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións

Obxectivo específico: RSO1.2. Aproveitar as vantaxes que ofrece a dixitalización aos cidadáns, as empresas, as organizacións de investigación e as administracións públicas

Obxectivos previstos: Reforzar o sistema galego de observación e información ambiental, aplicando novas tendencias dixitais que sirvan como base para a mellora da calidade do aire, das augas e os chans, e a rastrexabilidade e a xestión intelixente dos recursos naturais e dos residuos, favorecendo ademais a relación entre os distintos axentes.