OPERACIÓN FEDER. Tipo de Acción 1.2.08 – Plataforma Agroforestal Dixital de Galicia

OPERACIÓN FEDER 1.2.08 – Plataforma Agroforestal Dixital de Galicia

Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada pola Unión Europea nun 60% con cargo ao Programa de Galicia FEDER 2021-2027.

Obxectivo político: OP1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións

Obxectivo específico: RSO1.2. Aproveitar as vantaxes que ofrece a dixitalización aos cidadáns, as empresas, as organizacións de investigación e as administracións públicas

Obxectivos previstos: Desenvolver unha Plataforma Agroforestal Dixital de Galicia que, tomando de base os resultados do anterior proxecto (XEAGA e OPA), terá como finalidade facer máis completa e eficiente a xestión dos titulares das explotacións agroforestais coa Xunta de Galicia, facilitándolles información e ferramentas adicionais para a súa propia explotación.