OPERACIÓN FEDER. Tipo de Acción 1.2.08 – Galiciana Semántica
Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada pola Unión Europea nun 60% con cargo ao Programa de Galicia FEDER 2021-2027.
Obxectivo político: OP1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións
Obxectivo específico: RSO1.2. Aproveitar as vantaxes que ofrece a dixitalización aos cidadáns, as empresas, as organizacións de investigación e as administracións públicas
Obxectivos previstos: Abordar unha nova etapa de Galiciana na que, apoiándose na aplicación de tecnoloxías de IA, grafos de coñecemento e outros, permita levar a cabo un proxecto de xestión do coñecemento, de definición do modelo ontolóxico de Galiciana e incorporación de novos modos de interrogación para diversas audiencias, usuarios e visitantes. Permitirá enlazar semánticamente os contidos para xerar novos modos de difusión do patrimonio, que permita xerar relatos e contidos de valor para o turista, o alumno, o investigador, os profesionais do turismo e da cultura, e o cidadán en xeral.