OPERACIÓN FEDER. Tipo de Acción 1.2.07 – Innovación TIC no marco GobTec

OPERACIÓN FEDER. Tipo de Acción 1.2.07 – Innovación TIC no marco GobTec

Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada pola Unión Europea nun 60% con cargo ao Programa de Galicia FEDER 2021-2027.

Obxectivo político: OP1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións

Obxectivo específico: RSO1.2. Aproveitar as vantaxes que ofrece a dixitalización aos cidadáns, as empresas, as organizacións de investigación e as administracións públicas

Obxectivos previstos: Abarcar os traballos de posta en marcha do ecosistema GobTec mediante a xestión e coordinación de todas as tarefas que vinculen ao espazo GobTec de Galicia para a introdución de novas tecnoloxías disruptivas no ámbito do sector público autonómico. Encargarase de velar pola súa implementación tecnolóxica a través da definición das tarefas de desenvolvemento, produción e implantación da tecnoloxía desenvolvida, ofrecendo asesoramento estratéxico, coordinación, apoio operativo e seguimento das iniciativas postas en marcha en todo o ecosistema GobTec.