OPERACIÓN FEDER. Tipo de Acción 1.2.07 – Dixitalización de pemes mediante a integración das tecnoloxías avanzadas no ecosistema galego

OPERACIÓN FEDER. Tipo de Acción 1.2.07 – Dixitalización de pemes mediante a integración das tecnoloxías avanzadas no ecosistema galego

Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada pola Unión Europea nun 60% con cargo ao Programa de Galicia FEDER 2021-2027.

Obxectivo político: OP1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións

Obxectivo específico: RSO1.2. Aproveitar as vantaxes que ofrece a dixitalización aos cidadáns, as empresas, as organizacións de investigación e as administracións públicas

Obxectivos previstos: Evolución e transformación do centro Gaias-Tech incorporando actividades de capacitación, acceso a innovación tecnolóxica, asesoramento estratéxico, dinamización, tutorización, mentorización, seguimento, certificación da capacitación e promoción da transformación dixital innovadora na empresa e sociedade galega mediante a promoción do talento dixital no ecosistema galego.