OPERACIÓN FEDER. Tipo de Acción 1.2.06 – Desenvolvemento de servizos dixitais para o Sector Turismo
Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada pola Unión Europea nun 60% con cargo ao Programa de Galicia FEDER 2021-2027.
Obxectivo político: OP1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións
Obxectivo específico: RSO1.2. Aproveitar as vantaxes que ofrece a dixitalización aos cidadáns, as empresas, as organizacións de investigación e as administracións públicas
Obxectivos previstos: A finalidade desta operación é consolidar o desenvolvemento dixital do ámbito de turismo, tanto de cara ao funcionamento dos servizos da administración pública como na relación cos operadores turísticos e co visitante. Inclúense actividades vinculadas a: a consolidación da dixitalización dos procesos da administración pública; a dixitalización e sensorización de recursos e destinos turísticos; a tecnoloxía para a relación co visitante e creación de novas experiencias turísticas; e o establecemento de capacidades para establecer un sistema de vixilancia tecnolóxica para facilitar a adopción de novas ferramentas e tecnoloxías que poidan resultar de interese para o sector turístico