OPERACIÓN FEDER. Tipo de Acción 1.2.06 – Consolidación da dixitalización do sistema tributario, contable, económico e de contratación da Xunta de Galicia
Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada pola Unión Europea nun 60% con cargo ao Programa de Galicia FEDER 2021-2027.
Obxectivo político: OP1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións
Obxectivo específico: RSO1.2. Aproveitar as vantaxes que ofrece a dixitalización aos cidadáns, ás empresas, ás organizacións de investigación e ás administracións públicas
Obxectivos previstos: Catalizar unha transformación no ecosistema informático que apoia a xestión tributaria, económico-financeira e de contratación pública da Consellería de Facenda e Administración Pública. Tamén será preciso levar a cabo unha actualización do core que é substrato do xestor documental para optimizar o rendemento, aumentar a seguridade e asegurar a dispoñibilidade do sistema documental.