OPERACIÓN FEDER. Tipo de Acción 1.2.06 – Consolidación da dixitalización do sistema galego de servizos sociais
Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada pola Unión Europea nun 60% con cargo ao Programa de Galicia FEDER 2021-2027.
Obxectivo político: OP1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións
Obxectivo específico: RSO1.2. Aproveitar as vantaxes que ofrece a dixitalización aos cidadáns, as empresas, as organizacións de investigación e as administracións públicas
Obxectivos previstos: Esta operación pretende servir de instrumento de consolidación e profundización do proceso de trasformación dixital iniciado en anos anteriores. En concreto, preténdese a execución de proxectos de transformación dixital en todas as áreas relevantes de atención e xestión que conforman o sistema galego de servizos sociais.