OPERACIÓN FEDER. Tipo de Acción 1.2.06 – Actuacións para unha Administración de Xustiza Dixital

OPERACIÓN FEDER. Tipo de Acción 1.2.06 – Actuacións para unha Administración de Xustiza Dixital

Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada pola Unión Europea nun 60% con cargo ao Programa de Galicia FEDER 2021-2027.

Obxectivo político: OP1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións

Obxectivo específico: RSO1.2. Aproveitar as vantaxes que ofrece a dixitalización aos cidadáns, as empresas, as organizacións de investigación e as administracións públicas

Obxectivos previstos: Consolidación do proceso de dixitalización da Administración de Xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia buscando unha mellor eficiencia e relación cos profesionais. Preténdese avanzar nas garantías xurídicas dos procesos dixitais equilibrando a innovación tecnolóxica coa garantía de xustiza personalizada e acceso equitativo ao servizo público.