OPERACIÓN FEDER. Tipo de Acción 1.2.05 – Sistemas de analítica avanzada
Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada pola Unión Europea nun 60% con cargo ao Programa de Galicia FEDER 2021-2027.
Obxectivo político: OP1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións
Obxectivo específico: RSO1.2. Aproveitar as vantaxes que ofrece a dixitalización aos cidadáns, as empresas, as organizacións de investigación e as administracións públicas
Obxectivos previstos: Impulsar a execución dunha estratexia tecnolóxica para a xestión intelixente do dato público baseada en tecnoloxías innovadoras complementando as existentes. Inclúe tamén os recursos e infraestruturas, así como servizos en cloud que contribúan ao desenvolvemento da posta en marcha dos mesmos e os servizos de apoio e asesoramento especializado.