OPERACIÓN FEDER. Tipo de Acción 1.2.05 – Bases Cartográficas

OPERACIÓN FEDER. Tipo de Acción 1.2.05 – Bases Cartográficas

Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada pola Unión Europea nun 60% con cargo ao Programa de Galicia FEDER 2021-2027.

Obxectivo político: OP1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións

Obxectivo específico:  RSO1.2. Aproveitar as vantaxes que ofrece a dixitalización aos cidadáns, as empresas, as organizacións de investigación e as administracións públicas

Obxectivos previstos: Xeración dunha base cartográfica a escala 1/5.000. Con esta operación alcanzarase a xeración da base topográfica de 80 concellos galegos e quedará integrada dentro dos sistemas de información xeográfico de Galicia.