OPERACIÓN FEDER. Tipo de Acción 1.2.04 – Mellora da ciberresiliencia mediante servizos innovadores de ciberseguridade
Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada pola Unión Europea nun 60% con cargo ao Programa de Galicia FEDER 2021-2027.
Obxectivo político: OP1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.
Obxectivo específico: RSO1.2. Aproveitar as vantaxes que ofrece a dixitalización aos cidadáns, ás empresas, ás organizacións de investigación e ás administracións públicas.
Obxectivos previstos: Incorporación de capacidades que permitan mellorar a ciberresiliencia de entidades públicas, ciberseguridade e resiliencia das redes e sistemas de información. Esta acción ten como obxectivo a adecuada protección de entidades galegas públicas, así como complementar a carteira de servizos do Centro de Ciberseguridade de Galicia e desenvolver o Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal.