OPERACIÓN FEDER. Tipo de Acción 1.2.04 – Fomento dunha sociedade ciberresiliente

OPERACIÓN FEDER. Tipo de Acción 1.2.04 – Fomento dunha sociedade ciberresiliente

Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada pola Unión Europea nun 60% con cargo ao Programa de Galicia FEDER 2021-2027.

Obxectivo político: OP1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.

Obxectivo específico: RSO1.2. Aproveitar as vantaxes que ofrece a dixitalización aos cidadáns, ás empresas, ás organizacións de investigación e ás administracións públicas.  

Obxectivos previstos: Incorporación de capacidades que permitan mellorar a ciberresiliencia da sociedade galega: cidadanía, empresas, entidades públicas e a sociedade en xeral. Os servizos de ciberseguridade implementados proporcionarán capacidades innovadoras de prevención, detección e resposta de mellora da ciberresiliencia das organizacións, adaptándose ao novo escenario de riscos emerxentes debido á irrupción masiva da intelixencia artificial.