OPERACIÓN FEDER 2.3.2.2 - Administración e expediente xudicial electrónico I 205-2014000011
OPERACIÓN FEDER 2.3.2.2 - Administración e expediente xudicial electrónico I 205-2014000011
OPERACIÓN FEDER 2.3.2.2 - Administración e expediente xudicial electrónico I 205-2014000011
Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Modernización das Administracións Públicas
Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Obxectivo temático: Mellorar o uso e calidade das tecnoloxías da información e da comunicación e o acceso as mesmas
Obxectivo específico: Reforzar o e-goberno, e-cultura e a confianza no ámbito dixital
Obxectivos previstos:
Repositorio único xudicial de Galicia. Sede Electrónica Xudicial e servizos electrónicos a cidadáns e profesionais. Portal eXustiza. Expediente Xudicial Electrónico. Arquivo Xudicial Electrónico. Sistema de información de atención á vítima e á cidadanía. Sistemas de difusión e acceso aos servizos. Intranet corporativa da administración de xustiza en Galicia. Servizos de capacitación e formación para a implementación destes servizos. Servizos de deseño tecnolóxico, normativo e procedemental para a coordinación, para a execución do plan de calidade e gobernanza destes servizos e para a implantación dos servizos da operación.
Contratos adxudicados
Subministración e xestión de medios de impresión e dixitalización na Administración de Xustiza en Galicia (43/2016) Obxecto: a) Dotación de equipamento de dixitalización e impresión novo, que complete o parque actual e substitúa o identicado coma obsoleto. b) Mantemento integral de todo o equipamento empregado nos centros identificados, considerando tanto o mantemento dos equipos de nova dotación coma o equipamento de dixitalización e impresión xa existente e operativo. c) Dotación de consumibles (tóner e calquera outro material funxible e pezas de desgaste agás folios e grampas) no total de máquinas xestionadas. Importe de adxudicación: 700.737,63 €
Expediente xudicial electrónico (5/2016) Obxecto: É obxecto desta contratación o servizo de dinamización e desenvolvemento de novas funcionalidades en áreas de difusión na Intranet da Administración de Xustiza en Galicia, no contexto da implantación do expediente xudicial electrónico e administración xudicial electrónica. Nos dous ámbitos as actividades a desenvolver están orientadas a: - Dinamización de contidos. - Evolución funcional e tecnolóxica da intranet. Importe de adxudicación: 408.070,08 €
Equipamento videoconferencia Administracion Xustiza (MODERN 134/2016) Obxecto: adquisición de 4 terminais de videoconferencia, para a ampliación da rede actual. Importe de adxudicación: 21.775,16 €
Implantación da administración xudicial electrónica na Administración de Xustiza de Galicia (57/2016) Obxecto: Prestación do servizo de asesoramento especializado, apoio estratéxico e coordinación tecnolóxica e funcional das iniciativas para desenvolver no marco da implantación efectiva do expediente xudicial electrónico e administración electrónica xudicial na administración de xustiza en Galicia. Importe de adxudicación: 1.049.273,28 €