OPERACIÓN FEDER 2.3.2.2 - Administración e expediente xudicial electrónico I

OPERACIÓN FEDER 2.3.2.2 - Administración e expediente xudicial electrónico I

Image removed.

  OPERACIÓN FEDER 2.3.2.2 -  Administración e expediente xudicial electrónico I

 

Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Modernización das Administracións Públicas

Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Obxectivo temático: Mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación así coma o acceso as mesmas.

Obxectivo específico: Reforzar o e-goberno, e-cultura e a confianza no ámbito dixital

Obxectivos previstos:  

  • Repositorio único xudicial de Galicia.
  • Sede Electrónica Xudicial e servizos electrónicos a cidadáns e profesionais. Portal eXustiza.
  • Expediente Xudicial Electrónico. Arquivo Xudicial Electrónico. 
  • Sistema de información de atención á vítima e á cidadanía. 
  • Sistemas de difusión e acceso aos servizos. Intranet corporativa da administración de xustiza en Galicia.
  • Servizos de capacitación e formación para a implementación destes servizos. 
  • Servizos de deseño tecnolóxico, normativo e procedemental para a coordinación, para a execución do plan de calidade e gobernanza destes servizos e para a implantación dos servizos da operación.

Contratos licitados

1. 43/2016 - Subministración e xestión de medios de impresión e dixitalización na Administración de Xustiza en Galicia

  • Obxecto: 
    a) Dotación de equipamento de dixitalización e impresión novo, que complete o parque actual e substitúa o identicado coma obsoleto.
    b) Mantemento integral de todo o equipamento empregado nos centros identificados, considerando tanto o mantemento dos equipos de nova dotación coma o equipamento de dixitalización e impresión xa existente e operativo.
    c)  Dotación de consumibles (tóner e calquera outro material funxible e pezas de desgaste agás folios e grampas) no total de máquinas xestionadas.
  • A achega da Amtega é de 744.150,00 €

2. 05/2016 - Expediente xudicial electrónico

  • Obxecto: É obxecto desta contratación o servizo de dinamización e desenvolvemento de novas funcionalidades en áreas de difusión na Intranet da Administración de Xustiza en Galicia, no contexto da implantación do expediente xudicial electrónico e administración xudicial electrónica. Nos dous ámbitos as actividades a desenvolver están orientadas a:
Dinamización de contidos.
Evolución funcional e tecnolóxica da intranet. 
  • Importe de licitación: 502.000,00 €