OPERACIÓN FEDER 2.3.2.1 - Xeración de coñecemento e reutilización de información pública 205-2014000009

OPERACIÓN FEDER 2.3.2.1 - Xeración de coñecemento e reutilización de información pública 205-2014000009

Image removed.

OPERACIÓN FEDER 2.3.2.1 - Xeración de coñecemento e reutilización de información pública 205-2014000009

 

Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Modernización das Administracións Públicas

Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Obxectivo temático: Mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación así coma o acceso as mesmas.

Obxectivo específico: Reforzar o e-goberno, e-cultura e a confianza no ámbito dixital

Obxectivos previstos:

Consolidar a información como un activo relevante para a administración publica en dous sentidos: 

Utilizar a información para medir o impacto do desenvolvemento da administración dixital na cidadanía. A análise da utilización dos servizos electrónicos mediante indicadores, medidas e ferramentas homoxéneas que permitan establecer comparacións e coñecer e dar a coñecer o uso e o valor xerado polos distintos servizos públicos, tanto para os usuarios (cidadanía) da mesma como a propia administración. 

Utilizar a información como activo que a administración pública pon ao servizo da sociedade como materia prima reutilizable para a xeración de valor por parte de terceiros. No marco do impulso da reutilización da información por parte da cidadanía.

Contratos adxudicados

  1. Servizo de cadros de indicadores na arquitectura dos sistemas de análisis corporativos (35/2016)
    Obxecto: Servizo de desenvolvemento e coordinación do sistema e modelo de análise corporativa da administración pública galega: Desenvolvemento de cadros de indicadores corporativos. Evolución de cadros de indicadores existentes. Administración e evolución da plataforma basee de sistemas de análises corporativas. Colaboración na coordinación metodolóxica dos sistemas de análises corporativas.
    Importe de adxudicación: 623.997,00 €