
OPERACIÓN FEDER 2.3.2.1 - Sistemas troncais para a administración electrónica integral 205-2014000010
Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Modernización das Administracións Públicas
Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Obxectivo temático: Mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación así coma o acceso as mesmas.
Obxectivo específico: Reforzar o e-goberno, e-cultura e a confianza no ámbito dixital
Obxectivos previstos:
O obxectivo da operación é avanzar nun escenario da tramitación electrónica integral dos procedementos administrativos, de extremo a extremo, desde que os cidadáns presentan unha solicitude ou a administración inicia de oficio un procedemento, ata a súa resolución final, nun contexto electrónico, incluíndo todos os procesos e sistemas necesarios para a xestión do documento e expediente electrónicos.
Contratos adxudicados
- Contidos informativos administración electrónica (166/2016)
Obxecto: contidos informativos administración electrónica Importe de adxudicación: 7.260,00 €
- Subministración de equipamento informático para departamentos da Xunta de Galicia (33/2016_AM_L1_2º CD)
Obxecto: Suministro de equipamiento informático para departamentos de la Xunta de Galicia. Puesto móvil completo. Importe de adxudicación: 586.971,00 €
- Subministración de equipos informáticos para departamentos de la Xunta de Galicia (33/2016_AM_L1_1º CD)
Obxecto: Determinar, mediante un acordo marco, as condicións homologadas que se aplicarán aos contratos derivados a adxudicar por todos os órganos de contratación da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e os seus entes instrumentais, así como as entidades ou consorcios locais que se adhiran por medio do correspondente convenio, ou instrumento xurídico que permita a súa adhesión Importe de adxudicación: 672.421,20 €
- Subministración de equipos informáticos para departamentos da Xunta de Galicia (33/2016_AM_L5_1º CD)
Obxecto: A empresa adxudicataria deberá fornecer, serigrafiar, configurar e instalar 375 postos móbiles completos, de acordo ás características esixidas no seu día para o lote 5 de acordo ao marco de referencia, coa consideración adicional de que as características dos equipos e servizos das tres ofertas seleccionadas para a subministración teñan carácter de mínimos e os prezos das mesmas carácter de máximos Importe de adxudicación: 558.112,50 €
- Servizo de evolución Sede Electrónica da Xunta de Galicia (44/2016)
Obxecto: Servizo de Evolución da Sede electrónica da Xunta de Galicia. Con carácter xeral este servizo comprende: Redeseñar integral da estrutura e organización de contidos e servizos da sede electrónica. A incorporación de canles específicas para cidadáns, empresas, e outras administracións públicas ou colectivos. A integración de novos sistemas de identificación e firma na sede electrónica. A evolución do cartafol do cidadán. A integración co Rexistro Electrónico de Apoderamentos. E en xeral todas as evolucións precisas para dar cumprimento á normativa aplicable e facilitar aos cidadáns o uso da canle electrónica. Importe de adxudicación: 1.224.471,60 €
- Implantación da tramitación electrónica (36/2016)
Obxecto: Servizo de Análise e implantación da tramitación electrónica integral nos procedementos administrativos da Xunta de Galicia. Con carácter xeral este servizo comprende: A análise de procedementos administrativos en termos da configuración dos sistemas corporativos de soporte a tramitación electrónica, para a súa implantación nas devanditas ferramentas. A configuración e parametrización dos sistemas de información corporativos que dan soporte a tramitación electrónica integral. Tarefas de apoio ao mantemento do inventario de información administrativa (IIA) e revisión de calidade e homoxeneización de estruturas de información. A configuración dos formularios para a presentación electrónica de procedementos na sede electrónica da Xunta de Galicia. Tarefas adicionais requiridas para conseguir a posta en marcha dun procedemento administrativo coa posibilidade de tramitación electrónica integral. Importe de adxudicación: 1.394.525,00 €
|