OPERACIÓN FEDER 2.3.2.1 - Plataforma Electrónica Integral de Vivenda e Solo - 205-2019000001
OPERACIÓN FEDER 2.3.2.1 - Plataforma Electrónica Integral de Vivenda e Solo - 205-2019000001
Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais Cofinanciaciamento: Esta operación está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Obxectivo temático: 2. Mellorar o uso e a calidade do TIC e o acceso as mesmas. Obxectivo específico: 2.3.2. Reforzar o e-goberno, e-cultura e a confianza no ámbito dixital Obxectivos previstos: Desenvolver un sistema galego de información sobre vivenda, integrable, escalable e con capacidades de interconexión e de interoperabilidade con outros sistemas de información que manexen información do ámbito da vivenda e solo. Deste xeito, a actuación simplificará a información e servizos dixitais facilitados aos cidadáns, axudando á posta en valor dos recursos habitacionales de Galicia e facilitará á Administración unha visión global sobre a realidade do devandito sector, a súa explotación, control e posta en valor; e a posta en marcha de medidas destinadas a ofrecer aos cidadáns novas posibilidades, axudas, e servizos neste ámbito. Esta actuación está aliñada co Plan de Modernización Tecnolóxica do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda que ten como obxectivos: mellorar o acceso á información, dispor de soporte tecnolóxico en todos os ámbitos de xestión, mellorar a relación co cidadán e dotarse de sistemas de información áxiles e sustentables. Contratos adxudicados
|