OPERACIÓN FEDER 2.3.1.6 - Plataforma galega de Información Ambiental. Servizos dixitais en materia de residuos e controis de actividades industriais
OPERACIÓN FEDER 2.3.1.6 - Plataforma galega de Información Ambiental. Servizos dixitais en materia de residuos e controis de actividades industriais
OPERACIÓN FEDER 2.3.1.6 - Plataforma galega de Información Ambiental. Servizos dixitais en materia de residuos e controis de actividades industriais
Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais
Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Obxectivo temático: Mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación así coma o acceso as mesmas.
Obxectivo específico: Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-salud.
Obxectivos previstos:
A creación dunha plataforma accesible, integrable, escalable e con capacidades de interconexión e de interoperabilidade con outros sistemas de información que manexen información ambiental tanto no ámbito autonómico como estatal ou europeo.
A creación dun rexistro único de empresas medioambientais e centros de traballo que sexa compartido por todas as aplicacións sectoriais que manexan información ambiental. Para cada empresa e centro, recollerase información ambiental.
A definición dun sistema de credenciais unificado, baseado en claves concertadas, certificado dixital e DNIe, para o acceso á plataforma que permitirá tamén o acceso aos diferentes sistemas de información do ámbito medio ambiental.
O desenvolvemento de servizos dixitais que permitan tramitación de forma telemática de procedementos administrativos en materia ambiental.
O desenvolvemento de servizos dixitais que permitan a xestión e o seguimento dos programas e dos plans de inspección ambiental.
Contratos licitados: 1. 37/2016 contratación do servizo de desenvolvemento evolutivo da plataforma galega de información ambiental, Gaia.
O presente procedemento ten como obxecto o desenvolvemento de novas funcionalidades na plataforma galega de información ambiental, GaIA.
O importe de licitación ascende a un total de 690.375,00 € para os exercizos 2016, 2017 e 2018.