OPERACIÓN FEDER 2.3.1.5 - Servizos de difusión da lingua galega e contidos en lingua galega

OPERACIÓN FEDER 2.3.1.5 - Servizos de difusión da lingua galega e contidos en lingua galega

Image removed.

  OPERACIÓN FEDER 2.3.1.5 - Servizos de difusión da lingua galega e contidos en lingua galega

 

Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Modernización das Administracións Públicas

Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Obxectivo temático: Mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación así coma o acceso as mesmas.

Obxectivo específico: Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-salud.

Obxectivos previstos:  

É obxecto desta operación o desenvolvemento de sistemas de información para a xestión e difusión da lingua ou repositorios lingüisticos promovidos desde a Xunta de Galicia.
Deberán desenvolverse ferramentas e utilidades para o correcto uso da lingua galega por parte da sociedade, así como sistemas acceso aberto a contidos lingüisticos que contribúan á difusión do idioma e do coñecemento da cultura galega. Inclúense o Dicionario Galego e a Enciclopedia Galega Universal; e outros similares.
 

Contratos licitados

1. 31/2016 - Servizo de difusión de repositorios en lingua galega

  • Obxecto: É obxecto desta contratación o servizo de desenvolvemento dun sistema de xestión do ciclo de vida dos contidos de repositorios lingüisticos e o desenvolvemento dos portais públicos de difusión da Enciclopedia Galega Universal, do Dicionario Galego e dun Dicionario Galego de Termos Veterinarios
  • Importe de licitación: 180.720,00 € 

2. 05/2016 - Desenvolvemento dunha aplicación para dispositivos móbiles da funcionalidade do traductor dispoñible para a cidadanía

  • Obxecto: É obxecto desta contratación o desenvolvemento dunha aplicación para dispositivos mobiles das plataformas iOS e Android do tradutor automático Gaio: http://tradutorgaio.xunta.gal
  • Importe de licitación: 12.705,00 €