OPERACIÓN FEDER 2.3.1.4 - Educación dixital: conectividade nas aulas dos centros educativos 2016 205-2014000004
OPERACIÓN FEDER 2.3.1.4 - Educación dixital: conectividade nas aulas dos centros educativos 2016 205-2014000004
OPERACIÓN FEDER 2.3.1.4 - Educación dixital: conectividade nas aulas dos centros educativos 2016 205-2014000004
Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Infraestruturas e Telecomunicacións
Cofinanciamento Esta operación está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Obxectivo temático: “Mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación e o acceso as mesmas.”
Obxectivo específico: “Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-salud.”
Obxectivos previstos:
Para que o acceso ao coñecemento na era dixital sexa homoxéneo a todo o alumnado de Galicia, considérase que se deben cumprir os seguintes obxectivos na totalidade dos centros públicos: Que os alumnos e profesores reciban / impartan docencia en aulas e centros dotados dos medios tecnolóxicos necesarios para poder acceder aos servizos educativos dixitais. Que ditos centros teñan redes que permitan o acceso á rede corporativa da Xunta de Galicia e, polo tanto, a rede Internet, en condicións de funcionamento e capacidade suficiente para o acceso a ditos servizos dixitais. Que, en presencia deses elementos e capaciade, teñan accesibles servizos dixitais que lles permitan acceder a recursos e contidos, de xeito que aproveiten as posibilidades dunha aprendizaxe dixital.
Contratos adxudicados:
Contratación do subministro dunha solución WiFi para centros educativos de Galicia (46/2016_Lote 1) Obxecto: subministración, instalación e posta en marcha dunha solución WiFi para centros educativos dependentes da Xunta de Galicia O importe de adxudicación ascende a un total de 1.719.259,33 €
Contratación do subministro dunha solución WiFi para centros educativos de Galicia (46/2016_Lote 2) Obxecto: subministración, instalación e posta en marcha dos equipos centrais de xestión da rede Wifi, así como fornézoo, configuración e instalación de puntos de acceso nos centros educativos. O importe de adxudicación ascende a un total de 280.137,99