OPERACIÓN FEDER 2.3.1.4 - Educación dixital: conectividade nas aulas dos centros educativos 2016
OPERACIÓN FEDER 2.3.1.4 - Educación dixital: conectividade nas aulas dos centros educativos 2016
OPERACIÓN FEDER 2.3.1.4 - Educación dixital: conectividade nas aulas dos centros educativos 2016
Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Infraestruturas e Telecomunicacións
Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Obxectivo temático: Mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación así coma o acceso as mesmas.
Obxectivo específico: Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-salud.
Obxectivos previstos: Para que o acceso ao coñecemento na era dixital sexa homoxéneo a todo o alumnado de Galicia, considérase que se deben cumprir os seguintes obxectivos na totalidade dos centros públicos:
Que os alumnos e profesores reciban / impartan docencia en aulas e centros dotados dos medios tecnolóxicos necesarios para poder acceder aos servizos educativos dixitais.
Que ditos centros teñan redes que permitan o acceso á rede corporativa da Xunta de Galicia e, polo tanto, a rede Internet, en condicións de funcionamento e capacidade suficiente para o acceso a ditos servizos dixitais.
Que, en presencia deses elementos e capacidade, teñan accesibles servizos dixitais que lles permitan acceder a recursos e contidos, de xeito que aproveiten as posibilidades dunha aprendizaxe dixital.
Contratos licitados: 1. 46/2016 Contratación do subministro dunha solución WiFi para centros educativos de Galicia
O obxecto desta contratación é o subministro, instalación e posta en marcha dunha solución WiFi para centros educativos dependentes da Xunta de Galicia
O importe de licitación ascende a un total de 1.999.796,04 €