
OPERACIÓN FEDER 2.3.1.4 - Educación dixital: conectividade nas aulas dos centros educativos 2016 205-2014000015
Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais
Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Obxectivo temático: “Mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación e o acceso as mesmas.”
Obxectivo específico: “Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-salud.”
Obxectivos previstos:
Para que o acceso ao coñecemento na era dixital sexa homoxéneo a todo o alumnado de Galicia, considérase que se deben cumprir os seguintes obxectivos na totalidade dos centros públicos:
- Que os alumnos e profesores reciban / impartan docencia en aulas e centros dotados dos medios tecnolóxicos necesarios para poder acceder aos servizos educativos dixitais.
- Que ditos centros teñan redes que permitan o acceso á rede corporativa da Xunta de Galicia e, polo tanto, a rede Internet, en condicións de funcionamento e capacidade suficiente para o acceso a ditos servizos dixitais.
- Que, en presencia deses elementos e capaciade, teñan accesibles servizos dixitais que lles permitan acceder a recursos e contidos, de xeito que aproveiten as posibilidades dunha aprendizaxe dixital.
Contratos adxudicados
- Subministración de equipamentos TIC nos centros educativos. Proxecto ABALAR (40/2016 Lote 5)
Obxecto: subministración de equipamento TIC, para os centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco do Proxecto Abalar O importe de adxudicación ascende a un total de 60.374,16
- Subministración de equipamentos TIC nos centros educativos. Proxecto ABALAR (40/2016 Lote 1)
Obxecto: subministración de equipamento TIC, para os centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco do Proxecto Abalar O importe de adxudicación ascende a un total de 1.088.984,57 €
- Subministración de equipamentos TIC nos centros educativos. Proxecto ABALAR (40/2016 Lote 3)
Obxecto: subministración de equipamento TIC, para os centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco do Proxecto Abalar O importe de adxudicación ascende a un total de 99.212,26 €
- Subministración de equipamento microinformático. Proxecto Abalar (34/2016)
O obxecto desta contratación é o subministro do equipamento microinformático, para os centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. En concreto, a subministración comprende a subministración de Ordenadores persoais de sobremesa O importe de adxudicación ascende a un total de 4.243.793,07 €
|