OPERACIÓN FEDER 2.3.1.3 - Plataforma tecnolóxica do sistema galego de servizos sociais. Implantación da Historia Social Única Electrónica
OPERACIÓN FEDER 2.3.1.3 - Plataforma tecnolóxica do sistema galego de servizos sociais. Implantación da Historia Social Única ElectrónicaXestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Obxectivo temático: Mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación e o acceso as mesmas. Obxectivo específico: Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-salud. Obxectivos previstos: O obxectivo da operación é aumentar a capacidade asistencial e acometer unha modernización tecnolóxica mediante o uso de ferramentas TICs dos procedementos vinculados á xestión do catálogo galego de servizos sociais contemplado na Lei 13/2008 de Servizos Sociais de Galicia. Implicará unha mellora na xestión de todos os servizos sociais que van dende a atención a maiores a axudas no fogar, teleasistencia social, apoio á movilidade persoal, protección social de persoas en situación de desamparo, prestacións económicas (rentas de inclusión social, axudas de emerxencia social, cheques-servizo, axudas a mulleres vítimas de violencia de xenero.
Os sistemas que se prevé implementar redundarán en beneficio dos cidadáns en dous aspectos. Un, como medio para prestarlles un mellor servizo fomentando o uso, calidade e accesibilidade aos servizos públicos en liña. Noutro aspecto, empregando as TIC coma un instrumento para facilitar unha vida digna e autónoma, así como facilitar as actuacións dos membros máis vulnerables da sociedade, que se consigue a través da continuidade asistencial que posibilita o desenvolvemento da Historia Social Única e a integración das actuacións recollidas nos distintos ámbitos xestionados polos diversos sistemas (tanto en centros infantiles, como en centros sociales, como en ámbitos de discapacidade, dependencia, prestacións, inclusión...)
Contratos licitados: 1. 16/2016 - Servizo de desenvolvemento evolutivo do sistema de información de xestión de Escolas Infantís
2. 20/2016 - Servizo de desenvolvemento evolutivo do sistema de información de Historia Social Única Electrónica
3. 27/2016 - contratación do servizo de desenvolvemento dun sistema de información para a xestión de centros da área de política social da Xunta de Galicia
|