OPERACIÓN FEDER 2.3.1.3 - Plataforma tecnolóxica do sistema galego de servizos sociais. Implantación da Historia Social Única Electrónica 205-2014000014

OPERACIÓN FEDER 2.3.1.3 - Plataforma tecnolóxica do sistema galego de servizos sociais. Implantación da Historia Social Única Electrónica 205-2014000014

Image removed.

OPERACIÓN FEDER 2.3.1.3 - Plataforma tecnolóxica do sistema galego de servizos sociais. Implantación da Historia Social Única Electrónica 205-2014000014

 

Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais

Cofinanciamento:  Esta operación está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Obxectivo temático: “Mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación e o acceso as mesmas.”

Obxectivo específico: “Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-salud.”

Obxectivos previstos

O obxectivo da operación é aumentar a capacidade asistencial e acometer unha modernización tecnolóxica mediante o uso de ferramentas TICs dos procedementos vinculados á xestión do catálogo galego de servizos sociais contemplado na Lei 13/2008 de Servizos Sociais de Galicia. Implicará unha mellora na xestión de todos os servizos sociais que van dende a atención a maiores a axudas no fogar, teleasistencia social, apoio á movilidade persoal, protección social de persoas en situación de desamparo, prestacións económicas (rentas de inclusión social, axudas de emerxencia social, cheques-servizo, axudas a mulleres vítimas de violencia de xenero.
Os sistemas que se prevé implementar redundarán en beneficio dos cidadáns en dous aspectos. Un, como medio para prestarlles un mellor servizo fomentando o uso, calidade e accesibilidade aos servizos públicos en liña. Noutro aspecto, empregando as TIC coma un instrumento para facilitar unha vida digna e autónoma, así como facilitar as actuacións dos membros máis vulnerables da sociedade, que se consigue a través da continuidade asistencial que posibilita o desenvolvemento da Historia Social Única e a integración das actuacións recollidas nos distintos ámbitos xestionados polos diversos sistemas (tanto en centros infantiles, como en centros sociales, como en ámbitos de discapacidade, dependencia, prestacións, inclusión...)  

Contratos adxudicados

  1. Servizo de desenvolvemento evolutivo do sistema de información de xestión de Escolas Infantís (16/2016)
    O obxecto da contratación do servizo é o desenvolvemento de novas funcionalidades no sistema de información de xestión de Escolas Infantís (ESCINF)
    O importe de adxudicación ascende a un total de 428.763,50 €
  2. Servizo de desenvolvemento evolutivo do sistema de información de Historia Social Única Electrónica (20/2016)
    O presente procedemento ten como obxecto a contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades no sistema de información de Historia Social Única Electrónica
    O importe de adxudicación ascende a un total de 2.204.166,25 €
  3. Servizo de desenvolvemento dun sistema de información para a xestión de centros da área de política social da Xunta de Galicia (27/2016)
    O presente procedemento ten como obxecto a contratación do servizo de desenvolvemento e implantación dun novo sistema de información dentro da área de Solucións Sectoriais da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia, en particular do sistema de información centralizado e corporativo que soporte os requisitos de xestión e prestación asistencial dos centros dependentes da Xunta de Galicia na área de servizos sociais
    O importe de adxudicación ascende a un total de 1.219.377,50 €