OPERACIÓN FEDER 2.3.1.2 - Infraestruturas TIC fase I
Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Infraestruturas e Telecomunicacións
Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Obxectivo temático: Mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación así coma o acceso as mesmas.
Obxectivo específico: Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-salud.
Obxectivos previstos:
- Subministración de cabinas de disco nivel 1 e ampliación das cabinas de disco actuais para mellorar a capacidade e calidade das infraestruturas críticas
- Subministración de electrónica de comunicacións para a mellora do rendemento da Rede Corporativa da Xunta de Galicia
- Subministración de supervisoras redundantes para o CPDI para mellorar a dispoñibilidade das aplicacións / servizos de administración electrónica e servizos públicos que fan uso das TIC
Contratos licitados:
1. 39/2016 - Subministro de equipamento de comunicacións para a mellora de equipos nodais da Rede de Xestión da Rede Corporativa da Xunta de Galicia
- O obxecto do presente contrato é o subministro de tarxetas supervisoras redundantes para os equipos nodais dos Centros de Proceso de Datos principal e redundante e a posta en funcionamento desta nova electrónica de comunicacións,
- O importe de licitación ascende a un total de 175.000,00 €
2. 18/2016 - Subministro de sistemas de almacenamento para a Xunta de Galicia e ampliación dos existentes.
- O obxecto da presente contratación é o subministro dunha ampliación para os sistemas de almacenamento existentes na Xunta de Galicia coa finalidade de dimensionalos axeitadamente para os procesos de consolidación e homoxeneización que se están producindo na Amtega. Debido ao constante incremento de necesidades de rendemento e de ocupación de datos dos sistemas de almacenamento corporativos é necesario aumentar a capacidade dos mesmos en termos de potencia, crecemento horizontal e vertical, alta dispoñibilidade e replicación
- O importe de licitación ascende a un total de 1.600.00,00 €