OPERACIÓN FEDER 2.3.1.2 - Extensión de cobertura da rede dixital de emerxencias e seguridade de Galicia

OPERACIÓN FEDER 2.3.1.2 - Extensión de cobertura da rede dixital de emerxencias e seguridade de Galicia

Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Infraestruturas e Telecomunicacións

Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Obxectivo temático: Mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación así coma o acceso as mesmas.

Obxectivo específico: Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-salud.

Obxectivos previstos:  

  • Subministración de cabinas de disco nivel 1 e ampliación das cabinas de disco actuais para mellorar a capacidade e calidade das infraestruturas críticas
  • Subministración de electrónica de comunicacións para a mellora do rendemento da  Rede Corporativa da Xunta de Galicia
  • Subministración de supervisoras redundantes para o CPDI para mellorar a dispoñibilidade das aplicacións / servizos de administración electrónica e servizos públicos que fan uso das TIC

Contratos licitados:
1. Encomenda a Retegal para a extensión de cobertura da rede dixital de emerxencias e seguridade de Galicia

  • Obxecto: 
    Estender a cobertura territorial e poboacional da Rede Dixital de Emerxencias e Seguridade de Galicia, mediante a planificación e despregamento de novas estacións radio base e repetidores. 
    Garantir a cobertura universal do territorio mediante o acopio de estacións radio móbiles e/ou portables con enlace satelital para o despregamento en operativos a desempeñar polas entidades adheridas en zonas de sombra da rede fixa. 
    Incrementar o aseguramento e continuidade do servizo mediante o reforzo das redundancias de elementos de rede e aplicacións. 
    Actualizar, ampliar e mellorar as capacidades dos servizos e aplicacións prestados ás entidades adheridas á Rede Dixital de Emerxencias e Seguridade de Galicia.
  • O importe de licitación ascende a un total de  4.100.000,00 € dos que 1.100.000,00 € corresponden ao exercicio 2017