OPERACIÓN FEDER 2.3.1.2 - Extensión de cobertura da rede dixital de emerxencias e seguridade de Galicia 205-2014000003
OPERACIÓN FEDER 2.3.1.2 - Extensión de cobertura da rede dixital de emerxencias e seguridade de Galicia 205-2014000003
OPERACIÓN FEDER 2.3.1.2 - Extensión de cobertura da rede dixital de emerxencias e seguridade de Galicia 205-2014000003
Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Infraestruturas e Telecomunicacións
Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Obxectivo temático: Mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación así coma o acceso as mesmas.
Obxectivo específico: Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-salud.
Obxectivos previstos:
Subministración de cabinas de disco nivel 1 e ampliación das cabinas de disco actuais para mellorar a capacidade e calidade das infraestruturas críticas
Subministración de electrónica de comunicacións para a mellora do rendemento da Rede Corporativa da Xunta de Galicia
Subministración de supervisoras redundantes para o CPDI para mellorar a dispoñibilidade das aplicacións / servizos de administración electrónica e servizos públicos que fan uso das TIC
Contratos adxudicados
Encomenda a Retegal para a extensión de cobertura da rede dixital de emerxencias e seguridade de Galicia Obxecto: estender a cobertura territorial e poboacional da Rede Dixital de Emerxencias e Seguridade de Galicia, mediante a planificación e despregamento de novas estacións radio base e repetidores. Garantir a cobertura universal do territorio mediante o acopio de estacións radio móbiles e/ou portables con enlace satelital para o despregamento en operativos a desempeñar polas entidades adheridas en zonas de sombra da rede fixa. Incrementar o aseguramento e continuidade do servizo mediante o reforzo das redundancias de elementos de rede e aplicacións. Actualizar, ampliar e mellorar as capacidades dos servizos e aplicacións prestados ás entidades adheridas á Rede Dixital de Emerxencias e Seguridade de Galicia. O importe de adxudicación ascende a un total de 3.000.000,00 €