OPERACIÓN FEDER 2.3.1.2 - Confianza dixital fase I 205-2014000001

OPERACIÓN FEDER 2.3.1.2 - Confianza dixital fase I 205-2014000001

Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Infraestruturas e Telecomunicacións

Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Obxectivo temático: Mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación así coma o acceso as mesmas.

Obxectivo específico: Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-salud.

Obxectivos previstos:  

  • A valoración de activos e análise de riscos con vistas a implementar o Esquema Nacional de Seguridade. 
  • Servizo de protección frente a ataques de denegación de servicios dos sistemas de administración electrónica e servizos públicos dixitais proporcionados pola Xunta de Galicia mediante equipamento antiDDoS.
  • Servizo de mellora da trazabilidade da seguridade dos sistemas de administración electrónica e servizos públicos dixitais proporcionados pola Xunta de Galicia mediante equipamento que permita a  identificación detallada dos problemas de seguridade que ten a infraestructura.
  • Servizo de protección frente a malware mediante implantación dunha plataforma específica de protección avanzada, para loitar contra software malicioso.

Contratos adxudicados

1. Servizo de valoración de activos e análise de riscos nos sistemas de información da Xunta de Galicia (114/2015)

  • O obxecto desta contratación é o servizo de valoración dos servizos e a información da Xunta de Galicia segundo as dimensións definidas polo Esquema Nacional de Seguridade e a realización da análise de riscos existentes sobre eses activos, no ámbito dos sistemas de información xestionados pola Amtega. Baseándose nas valoracións e á análise de riscos elaborarase o plan de adecuación ó ENS.
  • O importe de adxudicación ascende a un total de 175,395,26 €

2. Subministro da ampliación da plataforma de protección ante ataques de denegación de servizo da Xunta de Galicia (24/2016)

  • O obxecto desta contratación é o subministro e implantación da ampliación da plataforma de equipamento de protección ante ataques de denegación de servizo coa que conta actualmente a Xunta de Galicia, co obxectivo fundamental de mellorar as características de dispoñibilidade da mesma
  • O importe de adxudicación ascende a un total de 736,980,24 €

3. Subministración da ampliación da plataforma de xestión de eventos e información de seguridade para a Xunta de Galicia (68/2016)

  • Subministración da ampliación da plataforma de xestión de eventos e información de seguridade para a Xunta de Galicia
  • O importe de adxudicación ascende a un total de 534.405,56 €