O Tribunal de selección nomeado para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital)

O Tribunal de selección nomeado para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital)

Convocado por Resolución do 28 de decembro de 2020 da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pola que se convoca un posto de persoal directivo vacante para a súa cobertura (director/a da Área de Sociedade Dixital) (DOG 8/1/2021),  de acordo cos seguintes

ANTECEDENTES

  1. O 8 de xaneiro de 2021 publícase no DOG, a Resolución do 28 de decembro de 2020 da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pola que se convoca un posto de persoal directivo vacante para a súa cobertura (director/a da Área de Sociedade Dixital). O anexo II desta Resolución contén as “Bases reguladoras da convocatoria da selección para o posto de director/a da Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia”.  
     
  2. Por Resolución da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia do 10 de febreiro de 2021 se establece a composición do Tribunal de Selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (director/a de Área de Sociedade Dixital) e procede ao nomeamento dos seus membros.  
     
  3. Por Resolución da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, do 5 de febreiro de 2021 se aproba e publica a listaxe definitiva de admitidos e excluídos no proceso de selección para a cobertura deste posto directivo. Os aspirantes admitidos son os seguintes (*).  
     
    • SÁNCHEZ RODRÍGUEZ, JOAQUÍN (DNI *****185* )
    • RODRÍGUEZ  QUELLE, MIGUEL (DNI *****622*)  
       

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade, para preservar os datos de carácter persoal de acordo coa normativa vixente.  
 

  1. O Tribunal constituíuse o 18 de febreiro de 2021, celebrando outras sesións os días 26 de febreiro de 2021,  3 de marzo de 2021, 9 de marzo de 2021, 13 de marzo de 2021 e 18 de marzo de 2021.  
     
  2. O Tribunal de selección desenvolveu o procedemento selectivo, segundo o previsto nas bases da convocatoria, procedemento que consta de 3 fases (baremación de méritos alegados, plan de actuación e acreditación da lingua galega).  
     
  3. De acordo coas bases, a puntuación máxima na primeira fase é de 55 puntos e será necesaria a obtención dun mínimo de 15 puntos para superala. A puntuación máxima na segunda fase é de 45 puntos e será necesaria a obtención dun mínimo de 25 puntos para superala.

No relativo a terceira fase, podíase acreditar o coñecemento da lingua galega a través da presentación do título Celga 4 ou equivalentes ou a realización dun exercicio consistente en dúas probas (tradución de castelán a galego  e tradución de galego a castelán) cualificándose dito exercicio como Apto ou Non Apto.

As puntuacións definitivas en cada fase obtidas polos candidatos, e as súas cualificación finais son as que se recollen na seguinte táboa:

Nome e apelidos DNI (*)

Puntuación

1ª fase

Puntuación

 2ª fase

Acreditación lingua

galega

Puntuación

Total

Miguel Rodríguez Quelle *****622*

48,10 puntos

37,28 puntos

Exento

85,38 puntos

Joaquín Sánchez Rodríguez *****185*

18 puntos

36 puntos

Apto

54 puntos

  1. De conformidade coa base 8 da convocatoria “Unha vez finalizado o proceso de selección, o tribunal publicará na páxina web e no taboleiro de anuncios da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia as puntuacións obtidas polos/as aspirantes con indicación do/a candidato/a seleccionado/a. Establécese un prazo de tres días desde a publicación para presentar alegacións. A estimación ou desestimación entenderase implícita na resolución definitiva”  
     
  2. Esta publicación, en web e taboleiro, efectuouse o día 13 de marzo, sen que no prazo que nela se indicaba se presentase alegación ningunha.  
     
  3. O Tribunal, na sesión celebrada o día 18 de marzo de 2021, acorda:

Primeiro.- Establecer como definitivas as cualificacións finais obtidas polos aspirantes no proceso selectivo, con indicación do candidato seleccionado (D. Miguel Rodríguez Quelle).

Segundo.-  Elevar á directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia a proposta de candidato seleccionado a favor de D. Miguel Rodríguez Quelle.

 

Por todo o exposto, o Tribunal de selección nomeado para a cobertura dun posto de persoal directivo (director/a de Área de Sociedade Dixital) convocado pola Resolución da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia do 28 de decembro de 2020 (DOG núm. 4 do 8 de xaneiro de 2021),

PROPÓN

Como candidato seleccionado a Miguel Rodríguez Quelle, con DNI ****622*, aspirante no proceso selectivo convocado para a cobertura do posto de director de Área de Sociedade Dixital na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que superou as tres fases establecidas no proceso cunha puntuación total de 85,38 puntos.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2021

O presidente do Tribunal

José Manuel Civeira Moure