II Addenda ao Convenio de Colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a xestión do plan de reforma e ampliación da rede de aulas CeMIT. cara a plena capacitación dixital da

II Addenda ao Convenio de Colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a xestión do plan de reforma e ampliación da rede de aulas CeMIT. cara a plena capacitación dixital da sociedade galega 2022-2025

Addenda asinada o 26/12/2022

Esta Addenda ten por obxecto modificar a cláusula oitava, “Vixencia”, no referente ao prazo do que dispoñen as entidades locais para adherise ao Plan de Reforma e Ampliación da Rede de Aulas CeMIT.

O último parágrafo referido ao prazo de adhesión da cláusula oitava queda redactado como segue:
Trala súa sinatura polas partes, as entidades locais que dispoñan dun aula CeMIT disporán ata o 31 de xaneiro de 2023 para presentar a súa adhesión ao Plan de Reforma e Ampliación da Rede de Aulas CeMIT. No caso das entidades locais que non conten cunha aula CeMIT o prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 31 de decembro de 2024.

En todo o non novado expresamente por esta Addenda seguirá en vigor o disposto no convenio.