Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia para a posta en marcha de actividades para o fomento da sociedade da información.

Convenio de colaboración asinado o 09 de abril de 2019 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia

Convenio de colaboración asinado o 09 de abril de 2019 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia

O presente Convenio de Colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia ten por obxecto o financiamento da realización de actuacións para o fomento da Sociedade da Información en Galicia.
Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Axenda Dixital de Galicia.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia financiará as accións do presente convenio, ata un máximo de SESENTA E CINCO MIL EUROS (65.000 €) con cargo á partida orzamentaria 04.A1.571A.781.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2019.