Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia para a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías d

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia para a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia

Convenio asinado o 2 de abril de 2014 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia co obxectivo de realizar actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia

Convenio asinado o 2 de abril de 2014 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia co obxectivo de realizar actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ten entre os seus obxectivos prioritarios lograr un desenvolvemento efectivo da Sociedade da Información na Comunidade Autónoma de Galicia, promovendo aquelas accións que faciliten e impulsen a incorporación de toda a sociedade aos novos recursos tecnolóxicos da información e das comunicacións e a implicación dos cidadáns galegos na utilización das novas tecnoloxías como factor xerador de novas capacidades, de emprego e de desenvolvemento económico.

Para levar a cabo dita finalidade preténdese poñer en marcha una serie de actuacións para o fomento da Sociedade da Información en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, entre as que estarían:

-IV Xornada de informática Xudicial
-Dous seminarios sobre protección de datos, e-administración e expediente electrónico.
-Obradoiro sobre programación para nenos.

As actividades levadas a cabo en base ao presente convenio supoñerán unha achega económica de 34.000,00 euros para a Amtega.

Organismo promotor: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia