Consulta pública sobre medidas de apoio de cobertura de telefonía móbil en contornas rurais de Galicia
Consulta pública sobre medidas de apoio de cobertura de telefonía móbil en contornas rurais de Galicia
INTRODUCIÓN
A pesar dos grandes esforzos realizados no pasado, que permitiron ter unha cobertura móbil do 98% da poboación de Galicia, aínda existen territorios nos que non é posible acceder a servizos de telefonía móbil (zonas rurais illadas e espazos naturais), un servizo esencial necesario para o acceso aos servizos de emerxencia, como o teléfono 112 ou o sistema de chamada de emerxencia de automóbiles eCall, e reduce o illamento no que ven inmersas as zonas máis rurais.
Proponse levar a cabo unha convocatoria de axudas en réxime de concorrencia competitiva dirixida a operadores de telefonía móbil para a cobertura das zonas obxectivo resultantes deste proceso de consulta, que se vería complementada coa construción de infraestruturas de soporte públicas (torres e casetas) naqueles casos nos que resultase necesario para a prestación destes servizos.
OBXECTIVO DA CONSULTA
Información dos operadores de telefonía móbil relativa á existencia, ou non, de plans de despregamento cribles a realizar nos próximos 3 anos que puidesen mellorar a cobertura de telefonía móbil, permitindo prestar servizos de voz, nalgunha das zonas que se inclúen no ANEXO I da presente consulta pública. A este respecto os operadores deberán achegar información detallada dos plans de despregamento e as zonas afectadas polos mesmos.
Solicitar as observacións que se estimen oportunas respecto da proposta de medida que se describe no ANEXO II da presente consulta pública.
Ponse a disposición a listaxe de zonas con problemas de cobertura de telefónia móbil en formato ODS, aquí