Ciberseguridade para as empresas
Ciberseguridade para as empresas
As empresas requiren mellorar as súas as capacidades dixitais para acceder a un mercado máis amplo, incrementando así a súa competitividade. Paralelo a este desenvolvemento requírese incrementar tamén as súas capacidades no eido da ciberseguridad para protexer os seus activos e garantir tamén a seguridade dos seus clientes e dos servizos que ofrecen.
Re-acciona
Re-acciona , é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas.
O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación.

Servizo para a definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade para a peme do plan Re-Acciona para a definición dun plan de ciberseguridade adaptado á empresa para a protexela fronte a riscos cibernéticos
Igape
Descrición: O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) apoia actividades nunha ampla variedade de ámbitos, entre eles a ciberseguridad, co fin de contribuír á mellora do sistema produtivo galego.
1. Programa Cheques Dixitalización COVID-19
O Igape puxo en marcha o programa de cheques dixitalización COVID-19 para facer fronte á situación ocasionada polo virus. Os beneficiarios destas axudas serán microempresas, pemes e autónomos que poderán optar á subvención de proxectos que promovan a adaptación á situación creada polo COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en distintas categorías, entre as que se considera solucións de mellora dá ciberseguridade.
As bases da convocatoria pódense consultar aquí .
2. Obradoiros y Ayudas a la digitalización industria 4.0
CDTIC
O Centro Demostrador TIC ( CDTIC) é unha iniciativa promovida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade pública empresarial Red.es, adscrita ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, e cofinanciada con fondos FEDER, que promove a transformación dixital das PEMES de Galicia para mellorar a súa eficiencia e competitividade. Para elo o CDTIC coa colaboración co sector TIC presta entre outos servizos relacionados co ámbito da ciberseguridade.
CNTG
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) cuxo obxectivo é contribuír á formación e capacitación dos profesionais dos sectores produtivos de Galicia en relación ás novas tecnoloxías e a sociedade da información, dispón dunha ampla oferta de formacións e seminarios que comprenden metodoloxías e tecnoloxías diversas incluíndo temáticas relacionadas coa ciberseguridad como investigación de Ransomware, Ciberseguridade aplicada ao Blockchain ou Hacking ético entre outros.
CiberSecGAL
Cybersec@gal é o primeiro foro galego sobre seguridade dixital, impulsado pola Cátedra R en Ciberseguridad (desenvolvida en colaboración coas universidades da Coruña e Vigo) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, o CPEIG, ademais de con institucións privadas galegas. Se desenvolve ao longo dunha serie de xornadas nas que se fala de solucións, normativas, desafíos e ameazas para a seguridade na contorna dixital. Está dirixido, por unha banda, a estudantes e ao ecosistema empresarial contanodo coa participación de expertos estatais e internacionais.



