Abalar

Abalar

logo abalar

Proxecto Abalar

Unha estratexia global e integradora

Abalar é o proxecto que substancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

A integración plena das TIC na práctica educativa (proxecto Abalar), posta en marcha desde o ano 2010, configúrase como medio para a transformación do sistema educativo galego coa implicación de toda a comunidade educativa. Para iso, traballarase nos métodos pedagóxicos, a mellora das capacidades do profesorado e a implicación do ecosistema educativo a través das seguintes ámbitos de actuación:

Personalizar o ensino para atender á diversidade do alumnado e ás necesidades educativas especiais, dotando de medios tecnolóxicos e desenvolvendo contidos educativos dixitais baseados en tecnoloxías e métodos didácticos innovadores Reforzar a capacitación do profesorado, favorecendo o desenvolvemento das súas competencias TIC e potenciando o seu papel na produción de contidos e materiais curriculares Implicar ao ecosistema educativo en particular e á sociedade en xeral na tarefa de educar

Por todo, o proxecto Abalar persegue un salto cualitativo e cuantitativo no modelo educativo galego, co fin de mellorar a súa eficiencia nun proceso de modernización, integrando as tecnoloxías da información e da comunicación en todos os ámbitos educativos.