Apoio á candidatura de Galicia para albergar a sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA).

Apoio á candidatura de Galicia para albergar a sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA).

Que é a AESIA?

  • A Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2022 prevé o impulso dunha lei para a creación da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial, que deberá ser aprobada este ano.
  • A Axencia terá como cometido desenvolver medidas para a redución dos riscos sobre a seguridade e a saúde das persoas, así como sobre os seu dereitos fundamentais, que poidan derivarse do uso das tecnoloxías intelixentes.
  • Ademais das medidas propias, a AESIA participará en accións froito da colaboración con outros administracións e co sector privado.
  • A Axencia é un dos organismos de nova creación que poden ser radicados nunha localización diferente á da capital do Estado, de acordo co Real Decreto 209/2022 de 22 de marzo.
  • Axencia estará adscrita á Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, dentro do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.

Por que en Galicia?

  • Porque Galicia é unha das tres Comunidades Autónomas que dispoñen dunha estratexia de Intelixencia Artificial, a Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2021-2030 (EGIA). A EGIA busca aliñar as necesidades económicas de Galicia coas capacidades de investigación e innovación, así como coas necesidades do sector público e privado, promovendo o uso da Intelixencia Artificial en sectores clave da economía galega. A EGIA constitúe a folla de ruta para o despregamento dunha unha intelixencia artificial de vangarda, ética, segura e centrada nas persoas, convertendo a Galicia nunha rexión intelixente.
  • Porque a nosa Comunidade é pioneira na posta en marcha medidas para o desenvolvemento dunha intelixencia artificial ao servizo do avance social e económico e da administración pública, baixo criterios éticos e respectuosos cos dereitos fundamentais das persoas:
    • Galicia é a primeira Comunidade en levar a cabo un estudo sobre marco ético e normativo propio para o desenvolvemento da IA, en colaboración coas tres universidades galegas: a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade de Vigo (UVIGO) e a Universidade da Coruña (UDC).
    • O nodo galicIA, de próxima creación, será o espazo de encontro e colaboración das administracións, do  eido do coñecemento e dos sectores económicos e traballará no establecemento das bases dunha intelixencia artificial ética e fiable para Galicia.
    • Galicia conta cun Marco Galego de Competencias Dixitais, situando a Galicia na vangarda da adaptación aos estándares europeos nesta materia.
    • Galicia conta cun ecosistema  GobTech, co obxectivo de aplicar solucións innovadoras empregando a IA para dar resposta aos retos da Administración Pública.

 

  • Porque Galicia conta cun ecosistema TIC  robusto, sendo unha das principais rexións con recoñecida traxectoria no ámbito nacional e internacional. As entidades tecnolóxicas públicas e privadas conforman un  hipersector TIC á cabeza da innovación:
    • Galicia conta cun crecente ecosistema de Intelixencia Artificial, con empresas especializadas no desenvolvemento de proxectos e prestación de servicios de IA.
    • Galicia conta cunha rede de nodos especializados -o nodo ciber.gal, o nodo 5G e o nodo galicIA-, estruturas de cooperación destinadas a conectar aos axentes públicos e privados.
    • Galicia conta con hubs de innovación dixital (DIHs), como DiHDATAlife e DIHGIGAL que serven como punto de encontro entre as grandes empresas e as pemes para a procura de solucións dixitais mediante a aplicación das tecnoloxías disruptivas.
    • Galicia conta cunha importante rede de Centros de Investigación Singular e Centros Tecnolóxicos que promocionan a xeración e transmisión de coñecemento científico e tecnolóxico ao tecido empresarial.

 

  • Porque Galicia cumpre coas condicións establecidas no Real Decreto para acoller entidades pertencentes ao sector público institucional.
    • Galicia ante un gran reto demográfico, necesidade de fixar poboación.
    • Dinamización do emprego, necesidades de creación de emprego.
    • Escasa presencia de sedes de organismos estatais no seu territorio.

 

 

Informe para a valoración da ubicación da sede da AESIA en Galicia

 

Quen promove e apoia a candidatura galega?:

Institucións públicas, centros tecnolóxicos e Hubs de Innovación Dixital

Aimen Anfaco Cecopesca CETIM CTAG
Energy Lab Eurorrexión Galicia Norte de Portugal Gradiant ITG Xunta de Galicia  

 

Colexios profesionais, asociacións empresariais e fundacións

Afundacion Agasol APD Cámara de Comercio da Coruña
Cluster TIC CPETIG CPEIG COETG Cruz Roja Fundación Barrié
INEO      

Empresas adheridas

Abanca Altia AWS Bahía Calvo
Grupo Copo DXC Finsa
Gadisa Google Cloud Hijos de Rivera Indra
Microsoft
NTT Data
Satec
Stellantis Telefónica Televés Vegalsa


Como se valoraron as distintas localizacións presentadas?

Informe para a valoración da ubicación da sede da AESIA en Galicia 

 

Información de interese