Eventos

Formulario de busca

Eventos

Formulario de busca

Premios Galicia das Telecomunicacións 2018

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) convocan unha nova edición dos Premios Galicia das Telecomunicacións 2018, que unha vez máis serán entregados no marco da XXIII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. O evento terá lugar o 1 de xuño de 2018 e estará dedicado ao Big Data.

Estes galardóns constitúen unha excelente plataforma para a promoción e proxección das empresas e profesionais galegos e para os produtos e servizos que se están a desenvolver no sector TIC en Galicia.

Dunha banda, entregarase o premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral aplicada ao sector TIC, a fin de recoñecer aos investigadores das universidades galegas que fomenten o eido das tecnoloxías da información e a comunicación. Así mesmo, convócase o premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais 2018, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, destinado a recoñecer aos mellores proxectos no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación que contribúan e aporten beneficios á sociedade.

Para consultar máis información, prema aquí  (www.aetg.gal).