Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica para a coordinación de actuacións de impulso de empresa dixital e profesionalización das PEMES

Addenda asinada o 29 de xullo de 2021 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica

29/06/2021


Esta Adenda ten por obxecto modificar as cláusulas segunda, terceira, cuarta e oitava do Convenio de Colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica para a coordinación de actuacións de impulso de empresa dixital e profesionalización das pemes

Para o financiamento dos contratos que constitúen o obxecto deste convenio de colaboración cada unha das partes achegará os importes máximos, por anualidades, que se indican no cadro inserido a continuación, con cargo ás respectivas aplicacións orzamentarias:

 

CENTRO DIRECTIVO

PARTIDAS

2020

2021

2022

2023

2020 con IVE

2021 con IVE

2022 con IVE

2023 con IVE

Total con IVE

IGAPE (lotes 1-12 e 18)

09.A1 741A 6404

14.000,00

1.479.902,78

1.297.361,11

1.297.361,11

16.940,00

1.790.682,36

1.569.806,95

1.569.806,95

4.947.236,25

AMTEGA (lotes 13-17)

04.A1.571A.640.0

8.000,00

498.072,71

587.581,59

24.000,00

9.680,00

603.025,78

710.973,72

29.040,00

1.352.719,50

Total

 

22.000,00

1.977.975,49

1.884.942,70

1.321.361,11

26.620,00

2.393.708,14

2.280.780,67

1.598.846,95

6.299.955,75

 

As actuacións correspondentes á Amtega recollidas neste convenio estarán cofinanciadas nun 80 % polo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 1.

 

As actuacións correspondentes ao Igape recollidas neste convenio estarán cofinanciadas ata un 80 % polo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 3.”

 

O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e estenderá a súa vixencia ata o momento que se extingan os contratos formalizados dos distintos lotes, con data límite do 30 de xuño de 2022, que se prorroga na primeira adenda ata o 30 de xuño de 2023, sen prexuízo das posibles prórrogas (por períodos anuais ata o máximo de 4 anos) que se acorden e instrumente a través dunha addenda a este Convenio na que se fixará a prórroga e os correlativos compromisos das partes.”

A presente Adenda entrará en vigor na data da súa sinatura. A duración e efectos das condicións contidas na presente Adenda estarán vinculados á vixencia do Convenio.