Formulario web

Formulario de busca

DICO Mindset

Formulario de busca

 

Consultas Preliminares do Mercado para o desenvolvemento de proxectos innovadores no ámbito dos contidos dixitais interactivos, no marco do Plan de acción para o impulso aos contidos dixitais en Galicia (DICO Mindset)

O obxecto desta convocatoria é promover a participación das persoas, físicas ou xurídicas, para a identificación de propostas que contribuirán ao proceso de desenvolvemento e execución de solucións e servizos no ámbito dos contidos dixitais interactivos, no marco do Plan de acción para o impulso dos contidos dixitais en Galicia, DICO Mindset.

Concretamente o obxectivo é que, a partir dos resultados da Consulta Preliminar do Mercado, a Amtega e a CRTVG teñan coñecemento suficiente das solucións máis novas e óptimas existentes no mercado para o lanzamento dun eventual procedemento de licitación posterior.

O DICO Mindset establece entre o seus eixos prioritarios de actuación, levar a cabo unha serie de proxectos innovadores que dinamicen o sector. Esta iniciativa ten por obxectivo a posta en marcha dunha plataforma integral a través da que se ofrecerán distintos servizos baseados nos contidos dixitais interactivos, entre os que podemos destacar os seguintes:

  • Servizos relacionados cos novos formatos dixitais e modelos de visualización: realidade virtual, aumentada e/ou mixta, gamificación e serious games (simuladores), etc.
  • Servizos relacionados cos novos modelos de creación de contidos:  canles baseados en contidos creados polos usuarios, novas tecnoloxías de captación de imaxe (vídeo 360º, 4K, holografía, escenas 3D), produción en tempo real, explotación dos datos dos consumidores (recomendadores), etc.
  • Solucións relacionadas cos novos dispositivos e as novas canles de distribución: contidos multiplataforma (televisión, internet e aplicacións móbiles), tecnoloxías táctiles, recoñemento xestual.
  • Solucións relacionadas coas novas tendencias no consumo: omnicanalidade, contidos baixo demanda, contidos interactivos e enriquecidos, etc.
  • Servizos relacionados coa incorporación á TV de novas narrativas interactivas.

O seu desenvolvemento e extensión supón os seguintes retos:

  • Como aplicar as novas capacidades tecnolóxicas para dar cabida á configuración do modelo de televisión pública interactiva
  • Cal debe ser o modelo de provisión de contidos innovadores con capacidades de persoalización de acordo coas novas tendencias de consumo
  • Establecer un modelo económico sostible que permita a adaptación progresiva ás novas tendencias dixitais con impacto económico no sector dos contidos dixitais
  • Cal é o modelo tecnolóxico axeitado para a configuración deste servizo no ámbito da Corporación RTVG

O presente proceso de consultas preliminares do mercado realízase con vistas a preparar as futuras contratacións que a Administración autonómica ten previsto desenvolver durante as seguintes fases e informar os operadores económicos acerca dos seus plans e os seus requisitos de contratación.

A convocatoria é aberta e diríxese a todas as persoas físicas ou xurídicas, públicas  ou privadas que teñan vontade de participación e de colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento dos devanditos proxectos.

Poderá participar calquera persoa, física ou xurídica,interesada. A participación na convocatoria non leva por parte da Administración autonómica ningunha obrigación de financiamento ou aceptación das propostas presentadas.

A Administración dará aos participantes un tratamento igualitario e non discriminatorio, e axustará a súa participación ao principio de transparencia.

Se ten calquera dúbida ou consulta, pode contactar a través do seguinte enderezo electrónico: cm-dicomindset.amtega@xunta.gal

 

 

 

Datos básicos
Datos de contacto do interlocutor/representante
Descrición
Documentos • Pódense anexar os documentos que se desexen. • Os ficheiros de ditos documentos deben ser menores de 10 MB. • Os tipos de ficheiros permitidos son: gif jpg jpeg png txt pdf doc docx odt ppt pptx odp xls xlsx ods
Os ficheiros deben ser menores de 10 MB.
Tipos de ficheiros permitidos: gif jpg jpeg png txt pdf doc docx odt ppt pptx odp xls xlsx ods.
Protección de datos de carácter persoal
INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS                                                                                                                                                                                     • Responsable do tratamento Xunta de Galicia. Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).                                                                                                   • Finalidades do tratamento Xestionar a participación das persoas, físicas ou xurídicas, para a identificación de propostas que contribuirán ao proceso de desenvolvemento e execución de solucións e servizos no ámbito dos contidos dixitais interactivos, no marco do Plan de acción para o impulso dos contidos dixitais en Galicia, DICO Mindset.                                                                                                                                                                                                           • Lexitimación para o tratamento Tratamento necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público e no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable: Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos.                                                                                                                                                                             • Destinatarios dos datos As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos                                                                                                                                                                                    • Contacto delegado/a protección de datos e información adicional https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos