Contrato de Xestión Amtega 2013-2016

Contrato de Xestión Amtega 2013-2016

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica da Xunta de Galicia, constituída con data 9 de marzo de 2012, publica o contrato de xestión que recolle os compromisos para a definición, o desenvolvemento e a execución dos instrumentos da política da Xunta de Galicia no eido das tecnoloxías da información e comunicacións e a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico.

O contido deste contrato de xestión aprobouse, en termos de proposta, polo Consello Reitor da Amtega por acordo de data 25 de marzo de 2013, e, con carácter definitivo, polo Consello da Xunta na súa sesión do día 27 de marzo de 2013.

O obxecto do presente contrato de xestión é establecer o marco de relacións entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Xunta de Galicia e, polo tanto, o sinalamento dos compromisos asumidos por cada unha das partes para a consecución do obxectivo fixado para a Amtega pola lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, na súa disposición adicional terceira.

Así pois, este contrato de xestión terá por obxecto regular a actividade da Amtega mediante o sinalamento das diferentes actividades conducentes ao cumprimento da súa misión, do enfoque que debe darse á realización das mesmas, así como da asignación dos recursos orzamentarios e a dotación de persoal precisa para levar a cabo devanditas actividades.

Para máis información pode consultar a continuación o documento íntegro. 

Contrato de Gestión AMTEGA 2013-2016.pdf
Contrato de Gestión AMTEGA 2013-2016.pdf