Comisión de Seguridade e Goberno Electrónico
Composición do órgano colexiado
a) Presidencia: quen posúa a titularidade da dirección da entidade instrumental competente en materia de modernización tecnolóxica.
b) Vogais:
1º. Quen posúa a titularidade da secretaría xeral da Presidencia da Xunta de Galicia, das secretarías xerais técnicas das consellerías e da vicepresidencia ou vicepresidencias, de existiren estas.
2º. Quen posúa a titularidade da Dirección Xeral da Asesoría Xurídica Xeral.
3º. Quen posúa a titularidade da área encargada da definición das directrices e estándares de seguridade da información, na entidade instrumental competente en materia de modernización tecnolóxica.
4º. Quen posúa a titularidade da área encargada da modernización das administracións públicas, na entidade instrumental competente en materia de modernización tecnolóxica.
A secretaría da Comisión corresponderá a unha persoa empregada pública ao servizo da entidade instrumental con competencias en materia de modernización tecnolóxica.
Normativa de referencia: