Proxecto AbalarUnha estratexia global e integradora |
|
Abalar é o proxecto que substancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A integración plena das TIC na práctica educativa (proxecto Abalar), posta en marcha desde o ano 2010, configúrase como medio para a transformación do sistema educativo galego coa implicación de toda a comunidade educativa. Para iso, traballarase nos métodos pedagóxicos, a mellora das capacidades do profesorado e a implicación do ecosistema educativo a través das seguintes ámbitos de actuación:
Por todo, o proxecto Abalar persegue un salto cualitativo e cuantitativo no modelo educativo galego, co fin de mellorar a súa eficiencia nun proceso de modernización, integrando as tecnoloxías da información e da comunicación en todos os ámbitos educativos. |