CIBER.gal

Formulario de busca

Fondos

A necesidade de mellorar as capacidades en ciberseguridadeA necesidade de mellorar as capacidades en ciberseguridade

Formulario de busca

cierra cierra

A necesidade de mellorar as capacidades en ciberseguridade

A medida que a vida cotiá e a economía vólvense máis dependentes das tecnoloxías dixitais, tanto a cidadanía como as empresas están cada vez máis expostos a incidentes cibernéticos graves que teñen impacto no desenvolvemento da actividade normal da sociedade Así, a seguridade futura depende da mellora da capacidade de protexer á sociedade en xeral contra as ciberameazas.

Deste xeito, a Comisión Europea está a reforzar, en colaboración cos estados membro, os seus regulamentos e estruturas sobre ciberseguridade para facer fronte á crecente ameaza que supoñen os ataques cibernéticos e aproveitar as oportunidades que presenta a nova era dixital. Nese sentido, foron cruciais os organismos que se constituíron nos últimos anos, tanto a nivel internacional como nacional.

Neste contexto, a AMTEGA conta con un percorrido relevante no ámbito da ciberseguridade, co obxectivo de, por unha  anda, posicionar a Galicia como un territorio de referencia nesta materia e, doutra banda, garantir a protección fronte ás ciberameazas en todos os ámbitos da sociedade galega.

Froito diso, por exemplo, puxo en marcha distintas actuacións para o fomento da seguridade como a creación de CSIRT.gal  Centro de resposta a incidentes de seguridade da información)e a colaboración con dúas institucións chave  nesta materia, o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e o Centro Criptológico Nacional (CCN).

Elaborouse un informe de Situación da Ciberseguridade en Galicia, no que se identifican aos axentes implicados neste ámbito na Comunidade, púlsase a súa opinión sobre os retos e necesidades e sinálase a folla de ruta inicial para a posta en marcha do Nodo e a súa carteira de servizos, dispoñible nesta páxina para a súa consulta.