Digitalent

Formulario de busca

Vocacións científico-tecnolóxicas | Infancia e adolescencia

Formulario de busca

Vocacións científico-tecnolóxicas | Infancia e adolescencia

Iniciativas impulsadas pola Amtega e/ou en  colaboración con outras organizacións

Consulta a continuación a listaxe de todas as actividades e para coñecer o detalle de cada unha preme no título de cada unha delas:
 

 Tecnólogo por un día        En curso

Actividade na que os participantes experimentarán en primeira persoa como é un día de traballo no marco das profesións dixitais.
 

 Girl STEM        Outubro 2018

Programa para motivar as vocacións tecnolóxicas entre o alumnado feminino guiado por unha rede de profesionais de recoñecido prestixio.
 

 Programa Tech Kids        Xullo - Outubro 2018

Axenda dinámica de actividades lúdico formativas para aumentar o interese dos máis novos polas profesións tecnolóxicas.

- 26/10/2018        Pontevedra - Xornada “Deseña o teu personaxe”
 

 Campamento Digitalia        Verán 2019

Campamento de verán cunha serie de obradoiros orientados a pór en valor as capacidades e empregos dixitais.
 

 Programa Digithlón        Proximamente 

Programa de xestión de talento STEM de alto rendemento destinado a alumnos e alumnas con aptitudes tecnolóxicas avanzadas.
 

 Corner “Play&TIC”        Proximamente  

Espazo dotado dunha colección de elementos interactivos para  coñecer, explorar e achegar as novas tendencias tecnolóxicas aos máis novos.
 

Iniciativas impulsadas polas empresas colaboradoras
 

 NativosR - DigiTalent      En curso

Talleres para orientar a pais/nais/titores no uso seguro da Internet e redes sociais por parte dos nenos e divulgar novos conceptos asociados (sexting, grooming, etc.). Organiza: R

 

 GenTech – DigiTalent        Xaneiro 2019   (PRAZAS COMPLETADAS PARA ESTA EDICIÓN)

Presentacións de proxectos de base tecnolóxica e concurso de ideas para estudantes de Bacharelato, que lles permita coñecer as opcións profesionais e realidade do sector TIC. Organiza: Altia

  • Novembro- Decembro 2018 Período de inscrición dos centros educativos
  • Xaneiro-Abril de 2019 Sesións Dixitais
  • Maio-Xuño de 2019 Concurso de ideas

               

 DixiXogo - DigiTalent        Decembro 2018  

Actividades e talleres lúdico-formativos nas instalacións de El Corte Inglés onde os participantes adquirirán habilidades dixitais a través do xogo. Organiza: Iecisa.

Centro comercial de Santiago de Compostela
  • Taller de LEGO WeDo – mensual
  • Taller de robótica con LEGO– mensual
  • Xoga e programa robótica– mensual
  • Charlas sobre o desenvolvemento de creatividade con LEGO– mensual
 
Corte Inglés de Marineda City
  • Taller de LEGO WeDo – mensual
  • Taller de robótica con LEGO – mensual
  • Xoga e programa con robótica – mensual
  • Charlas sobre o desenvolvemento de creatividade con LEGO – mensual
     

 DXC Codes - DigiTalent        Xaneiro 2019     

DXC Codes é unha competición internacional de programación de xogos en linguaxe Scratch para nenos de 10 a 14 anos, cuxa primeira fase local será organizada pola delegación de DXC Technology en Santiago de Compostela para nenos de toda Galicia. DXC Codes é unha iniciativa da DXC Foundation que organizamos para que os nenos se acheguen á ciencia, á tecnoloxía, e enxeñería e as matemáticas dunha forma atractiva, divertida e fácil de levar a cabo. Organiza: DXC Technology
 

 CreaR - DigiTalent      Outubro- Novembro 2018   

Talleres para a creación de prototipos tecnolóxicos (portería con marcador, robot ou coche robot), fomentando os valores do emprendemento e conceptos STEM. Organiza: R
 

 C4GG Kids - DigiTalent        Proximamente 

Experiencia tecnolóxica para estudantes (14-18 anos) baseada na resolución de retos nos que interveña a tecnoloxía móbil incluíndo formación TIC ou vivencias en proxectos de emprendemento (con participantes do C4GG), entre outros. Organiza: Vodafone

 

DXC Technology  Informática ECI  Vodafone  Altia  R