Tecnólogo por un día
Tecnólogo por un día - 2ª edición febreiro - marzo 2019 |
|
|
Tecnólogo por un día é unha actividade na que os estudantes de 12-17 anos experimentarán en primeira persoa como é un día de traballo no marco das profesións dixitais da man de grandes organizacións galegas. Solicitude de inscriciónCada centro educativo, a través do persoal docente, inscribirá aos alumnos/as interesados, que deberán contar coa autorización dos pais/nais/titores legais. Desenvolvemento da actividadeA solicitude de inscrición recollerá a listaxe de prazas dispoñibles que se o alumnado poderá seleccionar segundo a súa preferencia (ata un máximo de 3) e posteriormente asignaranse aplicando o resultado dun sorteo. A continuación, serán as empresas as que se poñan en contacto cos/as participantes para concretar a data e o horario da xornada Despois de participar na xornada o alumnado deberá cumprimentar o seguinte cuestionario de satisfacción, trasladando os seus comentarios e conclusións sobre a actividade: PROXIMAMENTE ESTARÁ DISPOÑIBLE A DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE Á 2ª EDICIÓN DO PROGRAMA (manuais do participante, modelo de autorización...) |
|