Requirimentos técnicos para proxectos de dixitalización en Galicia

Formulario de busca

Fondos

Requirimentos técnicos para proxectos de dixitalización en GaliciaRequirimentos técnicos para proxectos de dixitalización en Galicia

Formulario de busca

cierra cierra

Requerimentos técnicos para proxectos de dixitalización en Galicia

PR606A - Subvencións para a dixitalización do patrimonio cultural galego e a súa preservación e difusión no recolector de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia para o período 2018-2019.

Pola resolución do 9 de xullo de 2018  apróbanse as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa primeira convocatoria para os anos 2018-2019, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. 

Para solicitar máis información pode contactar coa Amtega a través dos seguintes canles:

  • O teléfono: 981 55 79 38
  • O enderezo electrónico: memoria.dixital@xunta.gal.
  • O teléfono de información xeral da Xunta de Galicia: 012 (ou 902 12 00 12 se chama desde fóra de Galicia).

Finalidade
A finalidade desta convocatoria é potenciar a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia e a súa recolección, preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia.

Obxecto
O obxecto da subvención é o financiamento de proxectos de dixitalización accesibles en liña, e coas adecuadas medidas de preservación de bens que formen parte do patrimonio cultural de Galicia, conforme ao establecido na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

Solictantes
Soamente se pode realizar unha solicitude por persoa e os solicitantes poden ser todas as entidades e organizacións, públicas ou privadas, sen ánimo de lucro, que dispoñan de activos do patrimonio cultural de Galicia susceptibles de seren incorporados e difundidos a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia.

Prazos

  • Prazo de presentación de solicitudes ata o 20/08/2018.
  • Prazo de 10 días hábiles para realizar a aceptación da axuda. No caso contrario darase por desestimada.
  • Prazo de execución: debe ser antes do 30/07/2019.
  • O 10/12/2018 as persoas beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa do plan e comezar o proxecto con relación ao anticipo do 80%.
  • A xustificación débese facer nos tres (3) meses seguintes ao remate do prazo de realización da actividade.

Orzamento
O orzamento dos proxectos deberá estar entre 10.000 e 90.000 euros e cubrirase o 100% do custo elixible do proxecto. Poderase solicitar un anticipo do 80%.

Gastos subvencionables

  • Contratación de persoal específico
  • Contratación de servizos externos
  • Prezo / páxina dixitalizada + metadatos

Criterios de valoración
Os criterios de valoración divídense en aspectos patrimoniais (75 puntos) e prezo unitario de imaxes/metadatos (25 puntos). Para ser aceptado un proxecto debe conter unha valoración superior a 30 puntos.

Pode acceder a un resumo da resolución de axudas premendo aquí.

Todo o proceso de creación dos recursos dixitais deberá seguir o establecido nesta páxina e seguindo a seguinte documentación:

Xornada informativa dirixida as entidades beneficiarias (20/02/2019)

Obrigas de publicidade FEDER

De conformidade co disposto na Resolución do 9 de xullo de 2018, ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, número 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013, a persoa beneficiaria deberá recoñecer, en todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia como entidade xestora, da Secretaría Xeral de Cultura, da Xunta de Galicia e do Feder ao proxecto que incluirá a imaxe institucional da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Xunta de Galicia e mostrara o emblema da Unión, así como unha referencia á Unión Europea, e unha referencia ao Fondo, que dá apoio á operación, o lema do Fondo «Unha maneira de facer Europa».

Modelo de publicidade física durante a execución da operación (Obrigas de publicidade físicaPublicidade a través da páxina web dos beneficiarios.

Os beneficiarios na páxina web deberán mostrar adecuadamente o logotipo da Unión Europea e incorporar o seguinte parágrafo:

Esta subvención, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia  está cofinanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, obxectivo temático de garantir un mellor uso das tecnoloxías da información, para a  posta en marcha do Plan para a xestión dixital do patrimonio cultural e modernización tecnolóxica do turismo – Dixitalización do patrimonio cultural.

 

Arpad    FEDER    Cooperación Transfonteriza